Fidalgo

Fidalgo
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu en lugares como A Limia, Verín ou Celanova. As súas armas traen, en campo de azul, un luceiro de ouro, de dez puntas. Algunha variante leva, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles con catro castelos e catro aspas, todo de ouro, alternando. Outra presenta, en campo de azul, unha estrela de oito puntas, de ouro (ou prata).

Refráns

  • Fidalgo pobre no palleiro morreo
  • Fidalgo pobre, media de seda e caldeiro de cobre.
  • Fidalgos pobres e bestas vellas acaban coas nosas terras.