Fidias

Fidias

Escultor. Comezou a traballar ao redor do 470 a C. Pericles encomendoulle a dirección das obras do Partenón, onde fixo o friso das Panateneas, as figuras dos frontóns, as metopas e a estatua criselefantina de Atenea Partenos. Para a Acrópole ateniense fixo tamén a Atenea Prómacos (460? a C), o Apolo Parnopio e a Atenea Lemnia. Dirixiu as obras de construción dos Propileos. Acusado de roubar unha parte do ouro destinado á estatua de Atenea Prómacos foi procesado e tivo que abandonar a cidade. Estableceuse en Olimpia onde realizou a estatua criselefantina do Zeus, coñecida polas reproducións das moedas romanas. A súa arte foi o cumio do clasicismo grego e a representación máis pura das súas características: beleza serena, euritmia compositiva e maxestade da expresión e do xesto.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Atenas