Fiesole
Fiesole
Cidade de Italia, situada na Toscana (14.815 h [1991]). As principais actividades económicas están relacionadas co turismo e co comercio. Do seu patrimonio cultural destacan o templo, as termas, o acueduto, o foro e o teatro de época romana; a catedral románica e a abadía de Fiesole, obra de Brunelleschi e sede da academia de Lorenzo de Medici.