Figuerola i Ballester, Laureà
Político e economista. Accedeu ás Cortes en 1854 como membro do Partido Progresista. No Sexenio Revolucionario, foi nomeado ministro de Facenda (1868-1870), desde onde levou a cabo reformas modernizadoras. Polo Decreto Figuerola (19.10.1868), quedou configurado o primeiro sistema monetario español, baseado nunha unidade fiduciaria denominada peseta. Con respecto ao comercio exterior, suprimiu o dereito diferencial de bandeira, co que igualaba a fiscalidade que afectaba aos barcos nos portos españois, e tivo gran repercusión a súa reforma arancelaria de 1869, de tendencia librecambista. Finalmente, cómpre destacar o seu labor no campo da educación, ao fundar en 1846 a Escola Normal de Barcelona, e publicar diversas obras que contribuíron á normalización e unificación do ensino en España, entre as que destaca Elementos de gramática castellana. Foi presidente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas desde 1898.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Calaf -
Deceso
Lugar : Madrid