Filipinas, Batalla das
Filipinas, Batalla das
Operacións militares en Filipinas durante a Segunda Guerra Mundial. A ofensiva xaponesa (10 de decembro de 1941) obrigou a McArthur a abandonar as illas (marzo de 1942) e á rendición dos últimos continxentes norteamericanos en Bataan e Corregidor. A resistencia das guerrillas impediu o control total das Filipinas polos invasores. O contraataque aliado reconquistou o arquipélago e liberou Manila (4 de febreiro de 1945).