Filipinas, Batalla das

Filipinas, Batalla das

Operacións militares en Filipinas durante a Segunda Guerra Mundial. A ofensiva xaponesa (10 de decembro de 1941) obrigou a McArthur a abandonar as illas (marzo de 1942) e á rendición dos últimos continxentes norteamericanos en Bataan e Corregidor. A resistencia das guerrillas impediu o control total das Filipinas polos invasores. O contraataque aliado reconquistou o arquipélago e liberou Manila (4 de febreiro de 1945).

Palabras veciñas

Filípicas | Filípicas | Filipinas | Filipinas, Batalla das | Filipinas, fosa de | Filipinas, mar de | filipino -na