Filipo II de Macedonia
Rei de Macedonia (356 a C- 336 a C), pai de Alexandre o Grande. Nomeado rexente do seu sobriño Amintas (359 a C), proclamouse monarca pouco despois e emprendeu unha política de conquista fronte aos tracios e aos ilirios. Apoderouse de Anfípole (358 a C), aliouse co rei do Épiro e casou coa súa sobriña, a princesa Olimpia (356 a C). Participou na Terceira Guerra Sagrada contra os focenses (356 a C- 346 a C), estendeu as súas fronteiras ata o Mar Exeo e conquistou a cidade de Olinto (348 a C), aliada de Atenas. Pola Paz de Filócrates (346 a C) confirmou a súa posición de dominio fronte ás cidades gregas e venceu a Tebas e Atenas na Batalla de Queronea (338 a C). Tralo Congreso Panhelénico de Corinto (337 a C), fundou a Liga de Corinto e converteuse en estratega supremo. Posteriormente, retirouse a Macedonia para preparar a invasión de Persia.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Aigai -
Nacemento
Lugar : Pela