Filis

Filis
[MIT]

Heroína grega, filla do rei de Tracia. Á volta de Troia, Acamante (ou Demofonte) foi guindado nunha nave á costa de Tracia. Acollido polo rei do país, namorouse da súa filla, Filis, casou con ela e tivo dous fillos, Acamante e Anfípolis. Segundo outra versión, logo de manteren unha relación, o heroe ateniense partiu para Atenas coa promesa de volver e celebrar a voda; pero, aínda que Filis baixou nove veces da cidade á praia para recibilo, el non chegou e ela aforcouse coa desesperación. Conta tamén a lenda que foi transformada nunha amendoeira sen follas e, cando o heroe volveu e a abrazou entre bágoas, a árbore reverdeceu e agromaron as follas.