filisteo -a
(< lat Philistaeus < hebreo pĕlištī)
-
adx
Relativo ou pertencente aos filisteos.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo filisteo.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo de orixe indoeuropea que, despois de fracasar no intento de invadir Exipto (1175 a C), se estableceu na rexión costeira de Palestina, situada entre o Monte Carmelo e Gaza. Organizaron unha confederación de cinco cidades estado formada por Gaza, Ascalón, Asdod, Gath e Accarón, gobernada cada unha delas por un seran (soberano). Pasaron por tres fases, unha de expansión cara ao interior, en detrimento dos israelitas (s XI a C); outra de apoxeo (finais do s XI a C); e, finalmente, outra de decadencia, que se iniciou coa chegada ao trono de Xudá e Israel do Rei David, ata ese momento vasalo do rei de Gath. Trala derrota dos filisteos en dúas ocasións na chaira de Refaïm, preto de Xerusalén, durante o reinado de David foron sometidos polos israelitas e pouco a pouco diluíronse como pobo trala súa incorporación polos sucesivos imperios asirio, neobabilónico e persa. Coñécese o nome de dúas das súas divindades, Astarte e Dagón. Consérvanse escasas mostras da súa cultura, entre outras, restos da cerámica denominada filistea, derivada da micénica, e sarcófagos antropoides de arxila, inspirados nos exipcios.
-
adx e s
-
Que ou quen ten un gusto artístico vulgar.
-
Que ou quen só ten en conta os intereses materiais.
-