Fillmore, Charles J.

Fillmore, Charles J.

Lingüista estadounidense. Doutorouse en Lingüística na University of Michigan (1961). Durante dez anos foi profesor en The Ohio State University e, en 1971, ingresou no Berkeley’s Department of Linguistics. Gran estudoso da gramática xenerativa de N. Chomsky, en 1963 introduciu a noción de círculo transformacional, elemento integrante da teoría da sintaxe transformacional. A súa contribución máis coñecida é a teoría dos casos -exposta principalmente no artigo “The Case for Case” (1968)-, que explica o comportamento sintáctico dos diversos sintagmas nominais dunha oración baseándose nos seus casos ou no seu papel semántico (axente, obxecto, locativo, instrumental, etc) a través dos que se relaciona co verbo. Investigador do proxecto FrameNet (2002) de lexicografía computacional, cómpre destacar os seus traballos “Frame and the semantics of understanding” (1985), “Corpus linguistics vs. Computer-aided armchair linguistics” (1992) e “Starting where the ditionaries stop: the challenge for computational lexicography” (1994)

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Saint Paul, Minnesota