fillo -lla

fillo -lla

(< lat filĭu)

  1. Torta doce moi fina que se elabora coa mestura de fariña, auga ou leite, ovos e sal. Unha vez mesturados estes ingredientes, o resultado bótase nunha tixola ou nunha filloeira e esténdese ata formar unha película fina que se doura un pouco por ambos os dous lados. Finalmente, bótaselle un pouco de azucre, mel ou nata por riba para darlle un sabor máis doce. É un postre tradicional do Entroido galego, xunto coas orellas. En moitas parroquias de Galicia engádeselle o sangue do porco para facer as filloas de sangue. Os crêpes ou galletes bretóns son moi semellantes na súa preparación e ingredientes.

    1. s

      Un animal en relación ao seu pai ou nai. Na tradición oral recóllense ditos como: “A quen Deus lle negou fillos, o demo apareoulle sobriños. Fillo es e pai serás; como fixeres, así o terás. Fillo aínda non o temos e xa nome lle puxemos. Fillos criados, pesares dobrados. Nin para o fillo bo compre gañar, nin para o malo traballar. O fillo da miña filla ponmo onda a lareira para que coma; e o da miña nora, dálle unha codecha de pan para que vaia para fóra. Os fillos da miña filla, todos meus netiños son; e os das miña nora, serán ou non. O fillo do burro ben sabe ornear. O fillo do fidalgo, un pé calzo e o outro descalzo. Onde hai fillos, nin parentes nin amigos. Se o fillo sae ao pai, saca de dúbida a nai.

    2. s [DER]

      Descendente máis directo dunha persoa que, respecto a esta, ocupa o primeiro grao de parentesco en liña recta.

    3. filla política

      nora.

    4. fillo adoptivo [DER]

      Descendente por adopción.

    5. fillo adulterino

      Fillo nacido dunha unión na que, polo menos, unha das persoas está unida validamente en matrimonio con outra.

    6. fillo espiritual

      Persoa que recibiu a herencia espiritual de alguén e que é continuador das súas ideas ou da súa obra.

    7. fillo ilexítimo

      Fillo que teñen dúas persoas que non poden casar.

    8. fillo incestuoso

      Fillo nado de persoas ligadas por parentesco nun grao en que teñen prohibido casar entre elas.

    9. fillo lexitimado

      Fillo que, polo procedemento da lexitimación, pasa da condición de natural á de lexítimo.

    10. fillo lexítimo

      Fillo nacido de persoas ligadas por matrimonio lexítimo.

    11. fillo natural

      Fillo nacido fóra do matrimonio, especialmente o dun pai e dunha nai que podían casar no momento da concepción.

    12. fillo político

      xenro.

    13. fillo póstumo [DER]

      Fillo nacido despois da morte do pai.

    14. fillo putativo [DER]

      Fillo considerado como tal sen selo.

    15. fillo sacrílego [DER]

      Fillo nacido da unión entre persoas das que unha delas, alomenos, está suxeita ao voto de castidade polo feito de ter recibido ordes maiores ou de ter profesado nunha orde relixiosa.

  2. s

    Persoa en relación ao lugar onde naceu.

  3. s

    ocativo que se intercala nunha conversación cun neno ou cunha persoa de menos anos ou coa que se ten confianza, que pode ter valor afectivo ou ben mostrar enfado ou impaciencia.

  4. s

    Cousa ou persoa que procede ou é consecuencia doutra.

    Ex: A novela é filla dun espírito anticlerical. O autor é fillo da época na que lle tocou vivir.

  5. s m [BOT]

    Parte dunha planta con capacidade para orixinar un novo individuo independente por medio dunha división. A formación de fillos é o medio común e natural de multiplicación vexetativa de moitas herbáceas, como é o caso da formación de estolóns na amorodeira. O home tamén forma fillos de plantas leñosas, coma gallas ou estacas, en agricultura e xardinería para multiplicar árbores froiteiras ou arbustos ornamentais.

  6. s m

    Segunda persoa da Santísima Trindade. Este termo tomouno a teoloxía cristiá como a expresión dunha filiación natural, e non só adoptiva. Tamén se denomina Fillo de Deus, Fillo Unixénito ou Deus Fillo. OBS. Escríbese en maiúscula.

  7. [RELIX]
    1. s

      Relixioso con relación ao fundador da súa orde.

    2. fillo de Deus

      Título mesiánico do Antigo Testamento, atribuído adoptivamente ao pobo israelita, aos anxos e ao rei.

    3. fillo do home

      Figura mesiánica do libro de Daniel que, segundo o Evanxeo, se atribuíu Xesús para evocar a transcendencia da súa persoa e da súa obra.

  8. s m pl

    Persoa que é descendente doutra.

Frases feitas

  • Botar a abaixo/Desfacer un fillo. Abortar.

  • Fillo da pedra/das herbas/da terra. Aquel que non sabe quén son os seus pais.

  • Fillo de porco, marrán seguro. De tal pai tal fillo.

  • Fillo de puta. Insulto que se lle dirixe a unha persoa.

  • Cada un é fillo do seu pai/da súa nai. Emprégase para defender o seu proceder unha persoa nun determinado momento cando alguén e contrario a súa opinión ou o seu proceder.

  • Fillo bravo/ ventureiro/da igrexa/de a pé do toxo/de achego/de bedro/fe furto/de monte/de moza/de palleiro/de detrás do valado/de peta á porta/de porta aberta/de roleiro/do canaval/do raposo/do vento/ dunha picardía. Fillo ilexítimo.

  • Fillo de leite. Neno en relación á muller que o amamantou e criou durante a lactancia.

  • Fillo de nai/de pai. Fillo que se asemella no carácter a seu pai ou a súa nai.

  • Fillo de veciño. Calquera persoa. Ex: Malia ser rico, pagaba os seus impostos como todo fillo de veciño. Asistía ás clases como cada fillo de veciño.

  • Ser ben fillo de (súa) nai/de (seu) pai. Aplícase á persoa que se asemella aos seus proxenitores nas súas accións, físico ou nas súas condicións morais.

  • Ser fillo da nada. Ser de condición humilde e chegar a ocupar un cargo importante na sociedade.

  • Ser/Haber fillos de moitas nais. Expresa a diversidade de caracteres e costumes entre as xentes que pertencen a un mesmo colectivo.

  • Todos somos fillo de Adán/de Deus. Expresa a igualdade de condicións que temos todos os seres humanos.

Refráns

  • A carne da agulla é pouca e sabe ben, mais non é para quen fillos ten.
  • A pai aforrador, fillo gastador.
  • A pai avarento, fillo farrento.
  • A pai que é gardador sáelle un fillo gastador.
  • A que cría fillo alleo, brasa trae no seo.
  • A quen Deus lle negou fillos o demo aparoulle sobriños.
  • A quen fai casa e filla casa, quédalle a bulsa rasa.
  • A toda lei, fillos e muller.
  • A toda lei, os fillos da muller.
  • A uso de igrexa catedral, tal serán os fillos, cal fomn os pais.
  • Brasa trae no seo a que cría fillo alleo.
  • Cada ruín quere o seu fillo.
  • Cal nas unllas, cal nos pes has de imitarte a que n es.
  • Cal nas unllas, cal nos pes, has semellar a quen es.
  • Cameiro, fillo de ovella, non erra que aos seus se asemella.
  • Cría corvos e quitaranche os ollos.
  • De mala semente, peor xente.
  • De tal pau, tal racha.
  • Fillo alleo nunca na túa casa se verá cheo.
  • Fillo alleo, méteo poi a manga e sairache polo seo.
  • Fillo de gata, ratos mata.
  • fillo de mesquiño non ten ensiño.
  • fillo de viúva, ou mal criado ou mal vezado.
  • Fillo es e pai serás; como fixeres, así o terás.
  • Fillo es, pai serás; cal fixeres, tal terás.
  • Fillo fuches, pai serás; cal fixeches, tal atoparás.
  • fillo malo, vale máis enfermo que sano.
  • Fillos criados, pesares dobrados.
  • Fillos e diñeiros, cantos menos, menos quebradeiros.
  • Fillos e polos, moitos son poucos.
  • Moitos fillos e pouco pan, contento con afán.
  • Na casa do gaiteiro, bailaríns todos.
  • Nace o corvo na peneda e tira sempre a ela.
  • Nin para o fillo bo cómpre gañar, nin para o malo traballar.
  • Non erra quen aos seus se asemella.
  • Non hai peor afán que moitos fillos e pouco pan.
  • O fillo bastardo e a mula cada día se mudan.
  • O fillo da cabra cabrito é.
  • O fillo da cabra, ou cabrito ou castrón.
  • O fillo do burro ben sabe omear.
  • O fillo do lobo lobiño é.
  • O fillo do lobo logo aprende a oubear.
  • O fillo do meu home non come, o fillo alleo nunca se ve cheo.
  • O pai que ten moitos fillos non sei como sono dorme.
  • Ó que non ten fillos apáralle Deus sobriños.
  • O que non ten fillos ben os cóa.
  • O que ten fillos non estoupa de cheo.
  • Ó que ten fillos non Ile podrece o pan.
  • Ó que ten fillos pequenos non se Ile apodrenta o pan.
  • O que teña fillos que os procure.
  • O sangue hérdase e o vicio pégase.
  • Onde hai fillos, nin paren tes nin amigos.
  • Os fillos do lobo, lobos serán.
  • Os fillos dos bos capas son de dós.
  • Os pais a xugadas e os fillos a pulgadas.
  • Ou nas mans ou non pes has de tirar a quen es.
  • Ou nas unllas ou nos pes has de imitar a quen es.
  • Ou nas unllas ou nos pes has de imitarte a quen es.
  • Ou nas unllas ou nos pes tes que tirar a quen es.
  • Quen a moitos ha manter, moito ten que ter.
  • Quen fillos ten ao lado non morrerá fartado.
  • Quen onda si ten fillos nunca se verá rico.
  • Quen ten pai na vila, sete veces lle amañece ao día.
  • Se Deus quere e hai proporción, en fillos e pitos lago se un pon.
  • Se o fillo sae ao pai, saca da dúbida á nai.
  • Se queres que o teu fillo creza, lávalle os pes e rápalle a cabeza.
  • Se son ou non son, meus fillos son.
  • Un pai para cen fillos e non cen fillos para un pai.
  • ¡Benia quen aos seus se asemella!
  • ¿Cal fillo queres? O nena cando crece e o enfermo cando padece.
  • ¿Como criaches tantos filliños? -Querendo máis aos máis pequeniños.

Palabras veciñas

filler* | Fillmore, Charles J. | Fillmore, Millard | fillo -lla | fillo -lla | filloa | filloada