filoxénese
filoxénese
(< 3 filo- + xénese)
s
f
[BIOL]
Proceso de desenvolvemento dos distintos grupos de organismos no aspecto específico e das súas relacións evolutivas. Este termo foi introducido por Haeckel na súa obra Generalle Morphologie der Organismen (1866). Mediante a filoxénese descubríronse parentescos entre grupos de morfoloxía moi diferente e, pola contra, descartouse a proximidade taxonómica entre grupos aparentemente moi semellantes. A filoxénese dun grupo determinado baséase nos datos que proporcionan a paleontoloxía (que contribúe á reconstrución da historia dun grupo), a embrioloxía, a anatomía comparada (mediante estudios de analoxía e homoloxía) deste grupo, a xenética e a fisioloxía.