filoxera
filoxera
Nome científico:
[Viteus vitifolii, Fam dosfiloxéridos]
s
f
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da orde dos homópteros que parasita en masa as videiras, das que suciona o zume. Presenta un ciclo biolóxico complexo con femias ápteras, que se reproducen partenoxenicamente, e de individuos dos dous sexos, alados ou non, que se reproducen sexualmente. Os efectos da filoxera son diferentes sobre as videiras de orixe americana que sobre as europeas, ás que afecta de xeito irremediable ata provocarlles a morte. En Europa, para manter o sector vitivinícola introducíronse pés americanos, máis resistentes, sobre os que se inxertaron as variedades autóctonas. A filoxera é orixinaria de Norteamérica e foi transportada a Europa, de xeito accidental, en 1865, onde constituíu unha grave praga. OBS: A grafía x representa o son [ks].