filtración
(< filtrar)
-
-
s
f
Acción e efecto de filtrar ou filtrarse.
-
s
f
[QUÍM]
Operación de filtrar un fluído. Na filtración a fase líquida do sistema, por efecto do gradiente de presión, pasa a través dun material permeable (de papel, tecido, metal, etc), no que a fase sólida queda retida.
-
filtración glomerular
[FISIOL]
Primeira fase do proceso de depuración do sangue polas nefronas, nos riles. A maior parte dos elementos do plasma sanguíneo (glicosa, auga, urea, cloro, sodio, fosfato, ácido úrico e, en xeral, todas as moléculas de pequenas dimensións) atravesan a membrana do glomérulo e pasan á cápsula de Bowman. A ultrafiltración producida por todos os glomérulos dos riles supón máis de 150 litros ao día, pero o 99% deste volume é reabsorbido polo sangue nos túbulos renais.
-
s
f
-
s
f
Información secreta que se dá a coñecer a través dunha canle non identificada.
Ex: Impugnaron as oposicións porque houbera unha filtración.