filtrado -da
filtrado -da
(< filtrar)
-
p reg
de filtrar ou filtrarse.
-
s
m
[QUÍM]
Líquido claro, resultado dunha filtración, que non contén materia en suspensión.
-
s
m
[MAT]
Método numérico para calcular o valor real dunha magnitude a partir do valor dunha medida súa. A diferencia entre ambos os dous valores denomínase ruído e, por hipótese, é unha variable aleatoria. Entre os métodos de filtrado distínguense os lineais (mínimos cadrados, medias móbiles e alisado exponencial) e os non lineais (método de Fourier e de Kalman). Ten aplicación na predición e na previsión.
-
s
m
[IND/ARTE]
Emprego dun filtro, no positivado en cor, para controlar o equilibrio da cor dunha imaxe ampliada e, ao mesmo tempo, da copia resultante.