Fineo
Fineo
[MIT]
Rei de Tracia. Posuidor de dotes de adiviñación, preferiu perder a vista con tal de vivir unha longa vida. Isto espertou a cólera de Helio, quen lle enviou, como castigo, as harpías para que lle roubasen e ensuciasen a comida. Cando os argonautas lle preguntaron cál era a ruta que debían seguir para chegar a Cólquide e atopar o vélaro de ouro, díxolles que os axudaría se o libraban do tormento das harpías; de espantalas, ocupáronse os dous fillos de Bóreas, Calais e Zetes, que perseguiron os monstros alados ata obrigalos a fuxir.