finés -sa
(< lat Finnĭa ‘Finlandia’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos fineses, ao seu pobo ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo pertencente a calquera dos pobos que falan o grupo de linguas baltofinesas.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobos que se estableceron na costa báltica oriental, Finlandia e Carelia, a partir do Neolítico, procedentes das rexións centrais de Rusia. Entre eles incluíronse os finlandeses, os carelios, os estonianos, os livonios, os vepsios e os udmurtos. Trala chegada de poboación de orixe eslava e xermana a partir do s X, sufriron unha redución territorial que se incrementou nos ss XII e XIII. Na actualidade, só os finlandeses e os estonianos, que contan cun estado nacional propio, conservan as súas características culturais mentres que o resto experimentaron un proceso de rusificación.
-
s
m
[LING]
finlandés.