Fisac Serna, Miguel
Arquitecto e teórico do urbanismo. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1942). As súas primeiras obras, entre outras o edificio central do CSIC (1942), mostran o monumentalismo da arquitectura de posguerra. Coa construción do Instituto Nacional de Óptica Deza del Vallés (1948) adoptou as formas orgánicas. Dende 1959 centrouse na aplicación do formigón. A súa arquitectura relixiosa baseouse no xogo de luces e no dinamismo dos muros. Destacan, entre outras, a igrexa dos dominicanos de Arcas Reales (Valladolid, 1952), Nuestra Señora de la Coronación (Vitoria, 1958) e Santa Ana (Madrid, 1965). En Galicia proxectou a igrexa de Santa Cruz de Oleiros, o colexio de Santa María do Mar na Coruña e no edificio para o CSIC en Santiago de Compostela (1952). Recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura Española en 1994. Pertence á Real Academia de Doctores.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Daimiel