Fiscal de los Jueces, El
Fiscal de los Jueces, El
Publicación editada na Coruña a partir do 8 de setembro de 1821. Cesou a súa edición o 6 de marzo do ano seguinte. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Montaos e Patiño. Despois da cabeceira incluía unha pequena copla en lingua galega de carácter satírico relacionada coa xustiza. O obxectivo da publicación era criticar os actos xudiciais e avogar pola máxima transparencia nos órganos de Xustiza.