Fischer, Emil Hermann

Fischer, Emil Hermann

Químico alemán. Estudiou nas universidades de Bonn e Estrasburgo, e foi profesor nas de Estrasburgo, Múnic, Erlangen, Wurzburgo e Berlín. En 1875 descubriu a fenilhidrazina e, posteriormente, ideou a convención que leva o seu nome. Estudiou sistematicamente os azucres e descubriu a estrutura de moitos, como a glicosa e a frutosa, algunhas substancias colorantes artificiais e os aminoácidos, dos que obtivo os polipéptidos por condensación. Foi o primeiro en sintetizar a ribosa e obtivo o primeiro barbitúrico, o veronal. En 1890 concedéuselle a medalla Davy da Royal Society de Londres e en 1902 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre os azucres e as purinas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Euskirchen, Renania do Norte

  • Deceso

    Lugar : Westfalia

  • Deceso

    Lugar : Berlín