fisión
(< fissĭōne)
-
s
f
[BIOL]
-
Reprodución asexual propia de determinados tipos de animais nos que o organismo se divide en dúas ou máis partes.
-
Tipo de división celular no que, tralo crecemento da célula, esta se divide en dúas idénticas mediante a formación dun septo.
-
-
s
f
[FÍS]
Reacción nuclear exoenerxética consistente na partición dun núcleo atómico noutros dous núcleos de masas comparables. Foi descuberta ao bombardear uranio con neutróns, coa idea de obter, artificialmente, elementos descoñecidos. En 1934 Fermi utiliza os neutróns como proxectís de bombardeo contra núcleos, especialmente de uranio, e termina por descubrir un isótopo do elemento 93 (neptunio). En 1939 Hahn e Strassmann, con experiencias semellantes, identificaron un isótopo do bario (elemento 56) e o seu descendente radioactivo, o lantano (elemento 57), polo que foron considerados como descubridores da fisión. As características esenciais da fisión son unha gran liberación de enerxía (200 MeV), a formación de núcleos radioactivos e a emisión de neutróns. A emisión de novos neutróns en cada fisión provoca novas fisións polo que ten lugar unha reacción en cadea, que pode ser incontrolada (caso dunha bomba nuclear) ou controlada (caso dun reactor nuclear). Dun xeito xeral, a excitación necesaria para provocar a fisión dun núcleo correntemente ten lugar con neutróns, pero tamén pode ter lugar mediante o bombardeo con partículas α, protóns, deuteróns e absorción de raios γ. Os núcleos resultantes, moi radioactivos, denomínanse produtos de fisión. En 1939 Bohr e Wheeler descubriron a fisión espontánea.