Fita i Colomer, Fidel
Historiador e epigrafista. Ingresou na Compañía de Xesús en 1850 e estudiou filosofía e teoloxía en Loyola, onde foi profesor (1853-1854). Exiliouse a Francia (1854-1856) e ao seu regreso exerceu como profesor en Carrión de los Condes. Estudiou teoloxía en León (1860-1863), ao tempo que se iniciaba no estudo da epigrafía romana. A expulsión dos xesuítas obrigouno a un novo exilio en Francia, onde se dedicou ao estudo da orde do Temple. En 1870 regresou a España. Centrou a súa investigación na historia eclesiástica, na epigrafía romana, hebrea e celtibera, e na compilación de documentos medievais. Foi o principal colaborador na Península Ibérica de E. Hübner na elaboración do Corpus Inscriptionum Latinarum. Colaborou, entre outras publicacións, en Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, Museo español de Antigüedades e Boletín de la Real Academia de la Historia. Das súas obras destacan Epigrafía Romana de la ciudad de León (1866), Tablettes historiques de la Haute Loire (1870), e en colaboración con A. Fernández Guerra, Recuerdos de un viaje a Santiago de Galicia (1880), e con A. López Ferreiro, Monumentos antiguos de la iglesia compostelana (1883). Pertenceu, entre outras institucións, á Real Academia de la Historia, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Instituto Conimbricense e á Academia Tiberina de Roma; e recibiu a Gran Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio e a da Concepción de Vila Viçosa.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Arenys de Mar -
Deceso
Lugar : Madrid