Fitero, Santa María de

Fitero, Santa María de

Mosteiro cisterciense situado en Fitero. Fundado no 1146 en Yerga por Afonso VII con monxes procedentes de Scala Dei, en 1152 trasladouse a Fitero. Converteuse en abadía nullius e abandonouse en 1834 coa desamortización. Do edificio, gótico cisterciense, só se conserva a igrexa, o claustro e a sala capitular. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.

Palabras veciñas

fite | fite | Fitero | Fitero, Santa María de | Fitger, Artur | fitiatría | fiticio -cia