Fitero

Fitero

Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado no val do río Alhama (2.083 h [1996]). As industrias alimentarias, a construción e o sector téxtil son as bases da súa economía. Tamén é unha importante estación termal. Do seu patrimonio cultural destacan o mosteiro de Santa María, a Cruz de Humilladero (s XVI) e Casa Soto (s XVII).