Fitz-James Stuart, James
Militar inglés. Duque de Berwick, de Fitz-James, de Liria e de Jérica, conde de Teignmouth, mariscal de Francia e fundador da familia Fitz-James. Fillo ilexítimo de Xacobe II de Inglaterra, estableceuse en 1691 en Francia como lugartenente xeral dos exércitos de Luís XIV. En 1704 foi enviado a España ao mando das tropas francesas ao servizo de Filipe V. Trala súa vitoria na Batalla de Almansa (1707), recibiu os títulos de duque de Liria e Jérica coa grandeza de España. En 1709 na campaña contra Uxío de Savoia defendeu a fronteira SL de Francia e sitiou Barcelona (1714). En 1719 dirixiu as tropas francesas destinadas pola Cuádrupla Alianza para forzar a Filipe V a cumprir os tratados de Utrecht e Rasttat. Ao iniciarse a Guerra de Sucesión de Polonia dirixiu as operacións no Rin. Publicou as súas Memoirs (Memorias, 1778).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Moulins -
Deceso
Lugar : Philippsburgo