fixo -xa
fixo -xa
(< lat fixus)
-
p irreg
de fixar ou fixarse.
-
adx
Que non se move ou despraza.
Ex: Non conseguín quitar o cartel porque está ben fixo na porta.
Confrontacións: firme, firme. -
adx
Que non cambia nin sofre alteracións.
Ex: Ten unha idea fixa e non hai quen lle faga cambiar de opinión.
-
adx
Aplícase ao empregado, traballo ou cargo con carácter definitivo.
Ex: Nunca tivo emprego fixo, só contratos temporais.
Confrontacións: permanente. -
s
m
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘peixe’.