Fiz o Africano, san
Fiz o Africano, san
(s IV) Apóstolo de Girona. Prendérono mentres facía proselitismo en Empúries e sometérono a varios tormentos: azoutárono, arrastrárono, botárono á auga cunha roda de muíño atada ao pescozo, ata que finalmente foi esnaquizado con garfos ata morrer desangrado. En Santiago de Compostela hai algunhas reliquias dos dous irmáns conseguidas polo bispo Diego Xelmírez. É dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII). A súa festividade celébrase o 1 de agosto.