flacourtiáceo -a

flacourtiáceo -a
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás flacourtiáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Leñosa da familia das flacourtiáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de árbores ou arbustos, da orde das violais, de follas dispostas de xeito alterno e con estípulas caducas; flores hermafroditas, actinomorfas, coa corola formada por numerosos pétalos libres, androceo de moitos estames e xineceo de 2 a 10 carpelos; e con froitos en cápsula ou baga. Existen unhas 800 especies orixinarias das rexións tropicais. Os principais xéneros son Pangium e Taraktogenos.

Palabras veciñas

flaccidez | fláccido -da | Flacourt, Étienne de | flacourtiáceo -a | flagrancia | flagrante | Flagstad, Kirsten