flagrante

flagrante

(< lat flagrante)

  1. adx

    Feito evidente e innegable.

    Ex: Denunciouno por tela sometido a denigracións e aldraxes flagrantes.

    Confrontacións: patente.
  2. adx

    Acto ou acontecemento que se está a executar no momento no que se fala del, xeralmente un delito.

    Ex: Denunciaron as flagrantes violacións dos dereitos laborais. OBS: Emprégase frecuentemente na expresión en flagrante. Ex: Collérono en flagrante delito de asasinato.

  3. adx

    Que arde facendo chama.