flamante

flamante

(< lat flammante)

  1. adx

    Que presenta un aspecto brillante e lucido, xeralmente por ser ou parecer novo.

    Ex: Tiña no salón un flamante sofá de coiro.

  2. adx

    Que é novo ou recente, especialmente nunha actividade ou cargo.

    Ex: A flamante directora de persoal chegou hoxe á redacción.

  3. adx [HERÁLD]

    Aplícase aos paos, faixas, bandas ou pezas similares cando son ondeados e terminan en punta.