flamíxero -ra
flamíxero -ra
(< lat flammigĕra)
-
adx
Que bota chamas.
-
adx
Que ten forma semellante ás chamas do lume.
-
adx e s
[ARTE]
Aplícase o terceiro período da arte gótica que se sitúa no s XV. Puramente decorativo, o seu nome (tradución do francés flamboyant) deullo o arqueólogo francés Auguste Le Prévost cara ao 1830, pola semellanza das liñas decorativas coas linguas do lume.