Flaxman, John
Flaxman, John
Escultor e debuxante inglés. Estudiou na Royal Academy Schools (1775-1787), onde foi profesor dende 1810, e residiu en Roma (1787-1794), onde gravou a Iliada e Odisea de Homero en 1793. Gravou tamén obras de Esquilo (1795), Dante (1802) e Hesíodo (1817). Volveu a Londres onde realizou, entre outros, os monumentos sepulcrais de lord Howe, de J. Reynolds e de H. Nelson, na catedral de Saint Paul. Foi o principal representante do neoclasicismo no Reino Unido.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : York -
Deceso
Lugar : Londres