Fleming, Alexander
Médico e bacteriólogo británico. Estudiou medicina na Universidade de Londres e foi profesor de bacterioloxía nesa mesma universidade. As súas investigacións, orientadas dende un principio cara á bacterioloxía, levárono a descubrir en 1921 un enzima, o lisozima, substancia antibiótica que se atopa na saliva, nas lágrimas e na clara do ovo, e que o puxo no camiño do seu gran descubrimento: a penicilina (1928). Non obstante , mediou un período de once anos ata que en 1939 un equipo de investigadores, dirixidos por Horward Florey, lograran illar e producir a penicilina en cantidade suficiente para o seu uso. Foi membro da Royal Society de Londres e doctor honoris causa de numerosas universidades: París, Roma, Harvard, Madrid, etc. Realizou numerosos traballos sobre inmunoloxía, bacterioloxía e quimioterapia. En 1945 recibiu, con E. B. Chain e H. W. Florey, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía como descubridor das propiedades bactericidas do fungo Penicillium notatum. Considérase o descubridor dos antibióticos e o iniciador da época destes medicamentos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lochfield, Escocia -
Deceso
Lugar : Londres