Fleuriot, Léon
Filólogo francés. Especializouse no estudo do celta na École Pratique des Hautes Études da Sorbonne. Interesado polo bretón, foi admitido no Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) onde realizou a súa tese (1958-1963). Foi catedrático de linguas celtas na Universidade de Rennes (1966) e foi nomeado director de estudios na École Pratique des Hautes Études. Tamén foi director de estudios celtas da CNRS e presidente da revista Études Celtiques. Centrou as súas investigacións, sobre todo, no antigo bretón e no galo. Así, estudiou os manuscritos bretóns do s IX e publicou o seu corpus léxico nun dicionario. Con respecto ao galo e ao celta continental, estaba convencido da semellanza entre o galo e o britónico. Gracias á súa investigación parece probado que, entre as linguas celtas continentais, o galo era o máis próximo ao antepasado das linguas britónicas. Ademais de artigos, publicou Ditionnaire des gloses en vieux-breton (1964), Le Vieux-breton. Eléments d’une grammaire (1964), Les Origines de la Bretagne. L’Émigration (1980).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Morlaix, Finistère -
Deceso