Flix

Flix

Municipio da provincia de Tarragona, á beira do Ebro (5.025 h [1991]). A actividade económica básica é a industria, da que a empresa máis importante é Erkimia, que produce principalmente sosa cáustica, cloro e disolventes. A central eléctrica de Flix púxose en marcha en 1948 e ten unha capacidade de produción de 293 millóns de kWh. De orixe prehistórica, a vila foi recuperada por Ramón Berenguer IV aos musulmáns en 1154. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo.