flogopita

flogopita

(< gr ϕλογωπός ‘de cara flamíxera’ + 2 -ita)

s f [MINERAL]

Aluminosilicato de magnesio e de potasio, de fórmula KMg3(ALSi3O10)(OH)2. Mineral do grupo das micas que cristaliza no sistema monoclínico, en forma de prismas pseudohexagonais. A exfoliación é perfecta. A dureza é de 2,5 e a densidade, de 2,8-3,4. Ten unha cor marrón ou amarelada.

Palabras veciñas

Flodoard | floema | floemático -ca | flogopita | flogose | floppy-disk* | flor