flor
(< lat flōre)
-
Antropónimo que ten a súa orixe no latín flos, floris ‘flor’. Presenta a variante Frol. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.
-
s
f
[BOT]
Estrutura das anxiospermas que porta os órganos da reprodución sexual. A flor típica está composta por catro verticilos: sépalos, pétalos, estames e carpelos. As flores que dependen da polinización por animais adoitan ser grandes e vistosas, mentres que as anemófilas son pequenas e verdosas. En moitos casos as flores aparecen en grupos denominados inflorescencias. Despois da fertilización a flor dá lugar ás sementes e aos froitos.
-
s
f
Substancia que se forma na superficie dalgúns líquidos debido a un proceso de fermentación.
Ex: Quitámoslle a flor ó viño.
-
s
f
-
Parte mellor ou máis apreciada de algo.
Ex: Conseguiu xuntar a flor da súa poesía.
-
Momento esplendoroso ou de excelsitude de algo ou alguén.
Ex: Este grupo de rapaces é a flor dunha nova xeración de escritores galegos.
-
-
s
f
Parte exterior e máis apreciada das peles curtidas que admiten pulimento.
-
s
f
Expresión aduladora ou palabras afectuosas que se empregan para resaltar as calidades físicas ou morais de alguén.
Ex: Os albaneis botáronlle flores ás rapazas. Na rolda de prensa todos os periodistas lle botaron flores polo seu labor.
Sinónimos: piropo. -
s
f
Virxindade dunha muller.
Confrontacións: virgo. -
s
f
[ALIM]
Produto de repostería propio do Entroido que se elabora con ovo, leite ou auga, fariña e sal. Estes ingredientes mestúranse ata formar unha masa. Esta colócase nun molde metálico con forma de flor e frítese nunha tixola con aceite moi quente ata que adquire a consistencia e textura desexadas; por último, bótaselle un pouco de azucre por riba.
-
flor de lis
[HERÁLD]
Figura heráldica que representa a flor de lirio formada por un pétalo central erguido e dous curvos cara a fóra; este conxunto, chamado cabeza, está xeralmente unido por unha especie de anel que deixa ver a base ou pé da flor, e ás veces pode estar provista de talo. Desde o s XII é símbolo da casa real de Francia. Brasónanse ao natural, pero pode ter a cor dun esmalte ou dun metal. Tamén recibe o nome de lis.
-
flor natural
[LIT]
Nos xogos florais, flor de ouro coa que se premia a mellor composición de tema amoroso.
Frases feitas
-
Á flor de. Na superficie ou preto dela. Ex: Atoparon auga á flor de terra.
-
Á flor de pel. Preparado para saír á mínima ocasión. Ex: A tensión estaba á flor de pel.
-
En flor/na flor. Con flores, florido.
-
Flor da auga. A superficie da auga.
-
Flor da vida. Mocidade, xuventude.
Refráns
- Desque a silva bota flor, pon a cana da ao sol.
- Flores en outono, fame en ano novo.