Flor Vaamonde, Xácome de la
Escultor. Formouse co seu pai, o entallador Xoán de París. Realizou, entre outras obras, un retablo para San Lourenzo de Agrón (Ames, 1635); o retablo maior de Santa María de Baio (Zas), coas imaxes de Cristo, o Anxo da Garda e san Pedro (1640); o retablo maior de San Vicenzo de Vimianzo (Vimianzo) coas imaxes do titular, santo Antonio e Nosa Señora da Concepción no primeiro corpo e, Cristo, san Xoán e a Virxe, no superior; un retablo coas imaxes de Cristo, san Xoán, Santiago, san Xoán e a Virxe para Santa María de Frades (A Estrada, 1642); e un retablo colateral para o altar de Nosa Señora do Rosario na igrexa do mosteiro de San Paio de Antealtares (Santiago de Compostela, 1655). Documéntase tamén o seu traballo na catedral compostelá en 1657.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela