Flor Vaamonde, Xoán de la
Flor Vaamonde, Xoán de la
Escultor, irmán de Xácome de la Flor Vaamonde. Activo na cidade de Lugo (1622), foi oficial de Francisco de Moure. Realizou, entre outras obras, o retablo de San Martiño de Oleiros (Láncara, 1627), coas imaxes de Cristo e san Martiño, co escultor Alonso de Canabal; o retablo maior de Santiago de Piugos (Lugo, 1628), coas efixies de Santiago, santo Ildefonso, san Xoán Bautista e santo Antonio de Padua; as portas do Bo Xesús na catedral de Lugo (1636); e un retablo coas imaxes de Cristo, a Virxe, san Pedro, santo Andrés e san Xoán para San Pedro de Narla (Friol, 1642).