Flórez Urdapilleta, Antonio
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1904). A Academia de España outorgoulle unha bolsa e residiu en Roma. Ao seu regreso nomeárono arquitecto conservador do Teatro Real de Madrid (1915) e ingresou na dirección xeral de Primeiro Ensino do ministerio de Instrución Pública e Ensino como arquitecto escolar. As súas construcións escolares caracterizáronse pola funcionalidade e polo emprego de materiais modestos, como o ladrillo, pero dende un punto de vista racionalista. Entre outras obras destacan os grupos escolares Cervantes (1910-1914) e Príncipe de Asturias en Madrid, os pavillóns xemelgos da Residencia de Estudiantes (1913-1914) e o pavillón de párvulos do Instituto Escuela; interveu tamén nos edificios das escolas normais de mestres de Granada, Valladolid e León. No eido da conservación arquitectónica traballou na mesquita de Córdoba.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo -
Deceso
Lugar : Madrid