Floro, Publio Anneo

Floro, Publio Anneo

Escritor e historiador latino. Posiblemente visitou Roma baixo o goberno de Domiciano e retirouse a Hispania. Escribiu un Epitome ou Bellorum Romanorum libri duo, unha obra en dous volumes sobre a historia de Roma dende a súa fundación ata o 25 d C, e probablemente o diálogo Vergilius orator an poeta.