Flory, Paul John

Flory, Paul John

Químico e físico. Estudiou na Ohio State University, onde se doutorou en 1934. Traballou nas empresas Standard Oil e Goodyear Rubber e foi profesor da Cornell University e da Stanford University. Foi un pioneiro na investigación sobre a constitución e as propiedades de substancias formadas por macromoléculas como o caucho, os plásticos, as fibras, as proteínas, etc; estudiou tamén os mecanismos de polimerización e a teoría das solucións. Entre as súas obras destaca Statistical Mechanics of Chain Molecules (1969). Recibiu o Premio Nobel de Química en 1974 polos seus avances no campo das macromoléculas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sterling, Illinois

  • Deceso

    Lugar : Big Sur, California