Flota de Indias

Flota de Indias

Convois periódicos que efectuaban todo o tráfico comercial entre a Coroa de Castela e os territorios americanos. Foron anuais entre 1543 e 1563, despois bianuais e moito menos frecuentes desde a segunda década do s XVII. As flotas, que saían dúas veces ao ano, estaban compostas por unha nave de guerra que abría a marcha, a continuación os mercantes en fila e outra nave de guerra que os protexía a barlovento. Precedíanas nuns días ou semanas unha serie de naves lixeiras, denominadas avisos, que anunciaban a súa chegada. Os seus itinerarios eran fixos. Á ida seguían a corrente das Canarias e despois o arco dos alisios desde os 28° de latitude N ata chegar ás Pequenas Antillas, actualmente a illa de Trinidad. Desde 1564, ao chegar a este punto a flota dividíase: a flota de Nova España dirixíase cara ao golfo de México, mentres que os galeóns de Terra Firme se dirixían cara aos territorios de Venezuela. Á volta ían buscar os ventos de SO a NL ao NL das Bahamas ata o N das Bermudas, desde onde baixaban ás Ilhas dos Açores. O custo deste tipo de transportes provocou un espaciamento maior no tempo de saída dos convois que acabaron desaparecendo en 1740, aínda que en 1720 houbo un intento por parte da coroa de revitalizar este tipo de transportes.

Palabras veciñas

Flos Sanctorum | flósculo | flosculoso -sa | Flota de Indias | flotabilidade | flotable | flotación