flotación
(< flotar)
-
s
f
Acción de flotar.
-
s
f
[ECON]
Situación en que a paridade dunha moeda respecto doutras se determina libremente en función da oferta e da demanda. Pode tratarse de flotación limpa, cando non intervén en ningún momento o banco central do país correspondente, e flotación sucia, cando si intervén comprando ou vendendo para estabilizar a moeda.
Sinónimos: flutuación. -
[MAR]
-
centro de flotación
Centro de pulo.
-
liña de flotación
Liña que sinala a superficie da auga no casco do buque e que separa a parte somerxida da que emerxe; é dicir, separa as obras vivas (carena), das obras mortas, cando o buque leva o seu máximo de carga.
-
liña de flotación en lastre
Intersección da superficie da auga co casco dun buque sen carga, auga nin combustible.
-
centro de flotación
-
s
f
[QUÍM]
Operación que se fai para separar un ou máis compoñentes dunha mestura de minerais, de compostos químicos, etc, en suspensión acuosa, por medio dunha corrente de aire que se introduce no seo do fluído e que arrastra selectivamente o compoñente que se quere separar. Este comportamento selectivo débese á distinta afinidade superficial dos materiais fronte á auga ou ao aire. Emprégase a flotación para concentrar o mineral extraído das minas, do que elimina unha parte da ganga.