flutuar

flutuar

(< lat fluctuāre ‘axitarse o mar’)

  1. v i
    1. Moverse un corpo sobre a auga por mor do movemento das ondas.

      Ex: O barquiño de papel flutuaba río abaixo.

    2. Realizar algo un movemento de vaivén.

      Ex: As cortinas flutuaban coa brisa.

  2. v i

    Experimentar, unha situación, variacións de aumento ou de diminución.

    Ex: O prezo do petróleo flutuou todo este ano.

    Sinónimos: oscilar.
  3. v i

    Permanecer na superficie dun líquido ou en equilibrio nun gas.

    Ex: O aceite flutúa sobre a auga.

  4. v i
    1. Moverse algo entre dúas situacións diferentes ou opostas.

      Ex: Flutúa entre a euforia e a depresión.

    2. acilar na resolución de algo.

      Ex: Sempre que ten que tomar unha decisión importante flutúa.

Palabras veciñas

flutter* | flutuación | flutuante | flutuar | fluvial | fluvio- | fluvioglaciar