flutuar
flutuar
(< lat fluctuāre ‘axitarse o mar’)
-
v i
-
Moverse un corpo sobre a auga por mor do movemento das ondas.
Ex: O barquiño de papel flutuaba río abaixo.
-
Realizar algo un movemento de vaivén.
Ex: As cortinas flutuaban coa brisa.
-
-
v i
Experimentar, unha situación, variacións de aumento ou de diminución.
Ex: O prezo do petróleo flutuou todo este ano.
Sinónimos: oscilar. -
v i
Permanecer na superficie dun líquido ou en equilibrio nun gas.
Ex: O aceite flutúa sobre a auga.
-
v i
-
Moverse algo entre dúas situacións diferentes ou opostas.
Ex: Flutúa entre a euforia e a depresión.
-
acilar na resolución de algo.
Ex: Sempre que ten que tomar unha decisión importante flutúa.
-