fluvioglaciar
fluvioglaciar
(< fluvio- + glaciar)
adx
[XEOG]
Aplícase ao depósito que ten a súa orixe na correntes de auga de fusión que se formaron preto do límite de fusión do xeo e que constituíron verdadeiros ríos, moi cargados de materiais de arrastre derivados das morenas. A erosión destes depósitos e as súas sucesivas acumulacións formaron as terrazas de orixe fluvioglaciar, que son moi importantes para determinar a cronoloxía do Pleistoceno. Outros depósitos de orixe fluvioglaciar son as varvas.