fluidal
fluidal
(< fluído)
adx
[XEOL]
Aplícase á estrutura que presentan algunhas rochas eruptivas nas que os cristais ou micrólitos aciculares se orientan segundo as inflexións das correntes da lava. Algúns gneis e outras rochas metamórficas teñen unha estrutura fluidal, producida pola orientación paralela que adoptaron os seus elementos cando se someteron a grandes presións.