fluidoterapia
fluidoterapia
(< fluído + terapia)
s
f
[MED]
Método terapéutico destinado a manter ou a restaurar por vía endovenosa o volume e a composición normal dos fluídos corporais. Ten como obxectivos principais a reposición das perdas de auga e de electrólitos, e a nutrición adecuada do organismo. A fluidoterapia realízase habitualmente mediante a perfusión endovenosa lenta (goteo) de solucións que conteñen os principios inmediatos necesarios en cada situación.