fluorhídrico -ca

fluorhídrico -ca

(< fluor- + hídrico)

  1. adx

    Que contén ácido fluorhídrico.

  2. ácido fluorhídrico [QUÍM]

    Solución de fluoruro de hidróxeno en auga, que se comporta como un ácido medianamente forte, e forma sales cos metais que se localizan por debaixo do hidróxeno na escala dos potenciais electrónicos, e tamén cos óxidos metálicos e os carbonatos. Co silicio e os silicatos reacciona segundo un proceso autocatalítico. Para manipulalo empréganse materiais como o níquel, o chumbo ou as súas aliaxes. O ácido fluorhídrico é tóxico e irritante das mucosas, e as queimaduras que produce son moi perigosas, porque penetran profundamente nos tecidos e os disgregan. Obtense mediante a descomposición do espato fluor con ácido sulfúrico. Emprégase na obtención de numerosos fluoruros, como o do aluminio, e do fluor electrolítico. A industria petroleoquímica, a metalurxia e a industria vidreira emprégano tamén en gran cantidade.

Palabras veciñas

fluoresceína | fluorescencia | fluorescente | fluorhídrico -ca | fluorita | fluorización | fluoro-